Bailamos!

Para levar a cabo a nosa actividade de baile recorremos a unha aplicación chamada Aurasma de realidade aumentada, para que as nosas nenas e nenos ó poñer a tablet sobre as imaxes, lles apareza o baile.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Realidade aumentada!

Boas de novo!

Para presentar as diferentes cidades ás nenas e nenos empregamos unha aplicación que descubrimos recentemente de realidade aumentada, chamada Aurasma. Para exemplificar o noso traballo grabamos un pequeno vídeo onde se ve exemplificada a nosa actividade.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Vamos a menear o esqueleto!

Boas de novo:

Hoxe Amelia mandounos un novo correo preguntándonos acerca da música e dos bailes que existen noutros países. Para resolverlle esta dúbida plantexamos varias actividades, entre elas unha de baile!

Correo de Amelia:

Correo3

Nesta fase solucionamos algún problema de edición que se nos presenteu, debido a que co tamaño que presentaban as imaxes que subíamos ó blog non se podía apreciar o que nelas aparecía escrito. Tamén nesta fase solventamos o problema que nos aparecía ó anclar os vídeos ás nosas entradas, pois non se carregaban.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Recordamos o feito

Boas de novo!

Nesta actividade pretendemos recapitular as nocións que vamos traballando coas receitas como, por exemplo, as cantidades ou os distintos estados da auga. Para a actividade dos estados da auga atopamos un recurso moi interesante elaborado por nenos e nenas nunha aula, que pensamos pode ser indicado para o noso proxecto. Aquí podedes velo:

 

 

 

 

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A grastonomía!

Unha vez realizadas as actividades referentes ó clima, Amelia vólvenos a pedir axuda para seguir aprendendo novas cousas de cada país, neste caso sobre a gastronomía. Como na vez anterior recorre á mandarnos un correo electrónico.

Exemplo de correo para o grupo 1:

Correo2

Nesta fase solventamos o problema que atopáramos co nome do correo e puidemos cambiar todos o que enviáramos dende ese enderezo para que figurara o nome de Amelia Investigadora Continentes.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Introducimos o tema

Atopamos un recurso moi interesante que vamos a empregar para introducir o noso proxecto, un vídeo sobre os continentes no que ademais se mostran cousas características de cada un.

 

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

AMELIA PÍDENOS AXUDA!

Amelia, como se quedou cavilando a cerca do que súa nai lle dixera dos distintos climas, pensou en nós para que lle axudáramos a levar a cabo a súa investigación. Para isto deixounos un vídeo no que lles explica ás nenas e nenos isto, ademais de adiantarlles que teñen nos seus correos o material para comezar a traballar neste proxecto.

Vídeo de Amelia: https://www.magisto.com/video/b0RMJwBbFyo6BxZpYw

Exemplificación dun correo electrónico para un dos grupos:

Correo1

Atopamos algún problema na creación dun correo de aula e no correspondente para Amelia, porque non fomos capaces de que aparecese o seu nome no destinatario aínda que se configurou para que así fóra. Polo resto, avanzamos de xeito satisfactorio para nós.

Publicado en Os continentes | Deixa un comentario

Creamos un conto!

Hoxe, para introducir o tema de traballo (Os continentes), decidimos elaborar un conto na plataforma Storybird, no que tamén introducimos a personaxe que nos acompañará durante todo o noso proxecto, que será a nosa guía, Amelia.

Este é o enlace ó noso conto: https://storybird.com/books/conto-viaxeiro/?token=tvt56k9utp

Captura de pantalla da portada:

Conto

 

Atopamos nesta actividade algún problema co deseño do conto, pois as imaxes que se presentan na páxina líganse por temas polo que á hora da elaboración pode ser difícil atopar aquela que se axuste o que ti precisas.

Publicado en Os continentes | Deixa un comentario

COMEZAMOS A NOSA ANDAINA!

Boas compañeiras:

Hoxe comezamos a compartir a nosa andaina co proxecto que estamos a levar a cabo para  Educación Infantil, o noso “Conto Viaxeiro”. Debido á diversidade cultural presente na nosa clase e, cada vez máis nas nosas vidas, pensamos que sería moi interesante introducir na aula este tema e traballar diferentes aspectos doutros países. Consideramos que isto, por un lado, pode favorecer tanto a comprensión como a inclusión do noso alumnado procedente doutras partes do mundo. Por outro lado, debido a que contamos con experiencias de primeira man dos diferentes países, pensamos que será un factor moi enriquecedor e tamén significativo para a aprendizaxe das características doutras culturas para o resto de alumnado.

Desexádenos sorte neste proceso!

holiday-1442020_960_720

Publicado en Os continentes | Deixa un comentario